2 de novembro de 2012

2 de novembro: Torneo FischerRandom


Escomezamos o Circuito de Xogos deste ano.
Hoxe venres 2 de novembro temos unha proba xa clásica no calendario de AGAX; o Torneo de Xadrez FischerRandom .
Tamen chamado Xadrez aleatorio de Fischer e Xadrez 960.

O xadrez FischerRandom é unha variante do xadrez proposta por Bobby Fischer na que a posición de saída das pezas determínase aleatoriamente, aínda que con certas restricións. Foi oficilmente anunciado o 19 de xuño de 1996, na cidade de La Plata, Arxentina, se ben en AGAX xogarase case un ano antes a raíz dunha proposta de Fischer nunha entrevista.

O xadrez aleatorio de Fischer, conserva case todas as regras do xadrez, pero altera a disposición inicial das pezas e as regras do enroque. A meta de Fischer era crear unha variante do xadrez onde a creatividade e talento dos xogadores fosen máis importantes que a habilidade de memorizar e analizar aperturas predeterminadas.

O achegue de Fischer ao Xadrez Aleatorio xa existente, foi o de impor restricións á colocación azarosa das pezas; en especial á disposición do rei e as torres coa intención de permitir os enroques.

Ningún comentario:

Publicar un comentario