1 de febreiro de 2013

Hoxe venres Torneo de Xadrez Marsellés


O Xadrez Marsellés apareceu por primeira vez publicado no periódico local marsellés Le Soleil, en 1925. Foi moi popular na década de 1930, cando o xogaron grandes mestres como Alekhine, Réti ou Znosko Borovsky.

En cada quenda, un xogador pode mover unha peza dúas veces ou mover dúas pezas diferentes.

O enroque considérase un único movemento.

Se un xogador dá xaque no seu primeiro movemento, perde a posibilidade de facer un segundo movemento nesa quenda.

Se un xogador está en xaque, está obrigado a evitalo no primeiro movemento do quenda.

Non se permite mover o rei a xaque no primeiro movemento da quenda, aínda que se poida quitar de xaque no segundo.

Permítese a captura ao paso, incluso se o xogador moveu o peón na primeira xogada da quenda. Pero a captura ao paso débese facer na primeira xogada da quenda. Sería posible capturar dous peóns ao paso.

En 1963 Robert Bruce estableceu que as brancas só podían facer un movemento na primeira quenda, para equilibrar o xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario