26 de decembro de 2017

Xornada en Vilalba

O vindeiro sábado día 30 despedimos este ano 2017 cunha xornada de confraternización para todos os xadrecistas interesados.
Será unha viaxe a Vilalba para pasar o día e disputar o I Torneo Dúas Torres.
Para os que queiran pasar o día con nos a saída do bus será dende o Centro Universitario de Riazor ás 11,00.
A comida é por conta de cada un dos asistentes e o torneo será a partir das 17,00 da tarde. A súa conclusión sairá o autobús de regreso.
No Torneo poden participar todos aqueles que o desexen con trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8
Para apuntaros a esta e outras actividades desta derradeira semana do ano, podes facelo no seguinte formulario:
PREME

Ningún comentario:

Publicar un comentario